Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PO-21/2013 por infracción en materia de horarios comerciais.

Con data do 28 de outubro de 2013, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador PO-21/2013 incoado contra María Fernanda Grande Santos.

Con data do 11 de marzo de 2014, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do dito expediente.

Intentada a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido do dito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de quince (15) días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 7 de abril de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO-21/2013.

Interesada: María Fernanda Grande Santos, DNI 76990438P.

Establecemento: Alimentación Fernanda.

Enderezo: rúa Lorenzo de la Carrera, 17, 36300 Baiona (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción grave en materia de horarios comerciais.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia

(DOG nº 248, do 28 de decembro) artigo 18.2.b).

Sanción proposta: multa de dez mil euros (10.000 €).

Instrutor do procedemento: Gabriel Iglesias Longo.