Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e criterio único, para a adxudicación do servizo de transporte das obras de arte da exposición Mark Manders do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Cultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 66 14. Fax: 981 54 66 25.

e) Número de expediente: 2014/09/176.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: transporte-concentración e dispersión das obras de arte que forman parte da exposición Mark Manders do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en criterio único.

4. Orzamento da licitación: 78.450,00 € (IVE incluído).

5. Prazo de execución: 6 meses.

6. Fianzas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de propostas.

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural; se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador, o obxecto do contrato e, de ser o caso, o número do Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia.

9. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

10. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo V no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e, así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da rede internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20391

12. Apertura de proposicións: o acto público da apertura das proposicións do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura, na data e hora que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante na web: http://www.contratosdegalicia.es/

13. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura