Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 186/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I ao proxecto de LMTS, CT, RBT Lagoa-Angados (expediente 604/07)

Situación: concello de Boiro.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea de CT A Pedra da Bouza (expediente 136/05) a CT A Lagoa-Angados (proxectado) a 20 kV, cunha lonxitude de 1,032 km, con orixe en cela libre do CT A Pedra da Bouza (expediente 136/05), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no CT A Lagoa-Angados (proxectado).

Liña de media tensión subterránea de CT Lagoa-Angados (proxectado) a CS Angados (expediente 15.230) a 20 kV, cunha lonxitude de 1,627 km, con orixe CT Lagoa-Angados (proxectado), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela nova que se vai instalar no CS Angados.

Centro de transformación prefabricado Lagoa-Angados, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000-230 kV.

Rede de baixa tensión subterránea do CT Lagoa-Angados, cunha lonxitude de 0,333 km con orixe no CT Lagoa-Angados proxectado, condutor tipo XZ1.

Rede de baixa tensión aérea do CT Lagoa-Angados, cunha lonxitude de 0,196 km, con orixe nos circuítos nº 1 e nº 2 en apoios existentes e o circuíto nº 3 en apoio proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 26 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña