Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 5/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS en avenida Navarra (A Coruña).

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 2×0,151 km, con orixe en empalmes que se realizarán na LMTS existente EPU-717B, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-(1×240) AL, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do centro de seccionamento que vai instalar o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 26 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña