Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18224

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).

Advertidos erros na mencionada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 72, do 14 de abril, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16897, no segundo parágrafo, cuarta liña, onde di: «... servizos lingüísticos locais que contén...», debe dicir: «... servizos lingüísticos locais que conten...».

Na páxina 16933, anexo III (continuación), onde di: «POBLACIÓN DESTINATARIA», debe dicir: «POBOACIÓN DESTINATARIA».

Así mesmo, na páxina 16935, no anexo III (continuación), onde di: «MEMORIA JUSTIFICATIVA DE LA ACTIVIDAD», debe dicir: «MEMORIA XUSTIFICATIVA DA ACTIVIDADE».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes, que finalizará o día 14 de maio de 2014.