Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18223

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 44/2014, do 14 de abril, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola asociación profesional Xóvenes Agricultores o 4 de abril de 2014,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Francisco Bello Bello, en representación de Xóvenes Agricultores.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Juan Carlos García Pose, en representación de Xóvenes Agricultores.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente