Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/75-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle

Denominación: LMT, CT e RBT Arturo Fernández.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 80 m con condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 AL, con orixe na LMT existente ao CT Ordóñez 2 (32C840) e remate na LMT existente ao CT Ordoñéz 1 (32CA97).

RBT subterránea de 670 m con condutor XZ1 derivada do CT proxectado subterráneo en edificio Arturo Fernández, de 1260 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 140.542,07 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 26 de marzo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense