Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 27 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do instrutor dos procedementos sancionadores PO.19/2013 e PO.31/2013, por infraccións en materia de comercio.

Con datas do 18 e 11 de marzo de 2014, o instrutor dos procedementos ditou propostas de resolución dos procedementos sancionadores PO.19/2013 e PO.31/2013 incoados pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, contra Mercagol, S.L., titular do establecemento comercial Futgol.

Intentada a notificación das propostas, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da devandita proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de 15 días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 27 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO.19/2013.

Interesada: Mercagol, S.L., Futgol, CIF B36841138, na rúa Cruz Gallastegui, 10, Pontevedra, e notificado o acordo de incoación no Camiño do Romeu, 31; planta 1ª, Coruxo, 36312 Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: unha infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 44.2 e 44.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 1.501 euros (mil cincocentos un euros).

Expediente: PO.31/2013.

Feito imputado: unha infracción leve, en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigo 10.7 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 200 euros (dous centos euros).