Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17640

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3823/2013-VV).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3823/2013.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 829/2012 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: Adela Mascato Soneira.

Graduado social: Juan Manuel Barral Alfonso.

Recorridos: Fogasa, Servitur Salnés, S.L., Compromiso con la Naturaleza, S.L.

Avogado: Marcos Otero Ouro.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3823/2013 desta sección, seguido por instancia de Adela Mascato Soneira contra a empresa Servitur Salnés, S.L. sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Adela Mascato Soneira contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia da recorrente contra as empresas demandadas Servitur Salnés, S.L., e Compromiso con la Naturaleza, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamento, de acordo co no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Servitur Salnés, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial