Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17642

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5790/2011)

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5790/2011 VV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 263/2011 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Lucinda Pequeño Ríos.

Avogado: José Carlos Hermelo Fernández.

Procurador: Juan Pedro Perreau de Pinninck y Zalba.

Recorridos: mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Siotetemp ETT, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5790/2011 desta sección, seguido por instancia de Lucinda Pequeño Ríos contra a empresa sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o motivo de nulidade do recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante Lucinda Pequeño Ríos, contra a sentenza ditada o 23 de setembro de 2011, polo Xulgado do Social número 4 de Vigo. Consecuentemente, declaramos a nulidade da sentenza recorrida e repoñemos os autos ao momento inmediatamente posterior á conclusión do acto do xuízo oral co fin de que a maxistrada de instancia dite outra na cal, segundo se expón no segundo fundamento xurídico da presente resolución, se decida sobre todas as cuestións suscitadas no proceso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Siotetemp ETT, S.L., con ultimo domicilio coñecido en r/ Ribeira do Berbés, 32-1º, 36202 Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial