Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 22/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CS Instituto de Ribeira.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,210 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Instituto (expediente 50.099), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) AL, e final no centro de seccionamento Instituto de Ribeira (proxectado).

Centro de seccionamento prefabricado, tipo manobra exterior 3L, con envolvente de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña