Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 210/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS SAD-714 entre os centros de transformación 15CKS0 e 15C470.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 941 m, coa orixe na cela de liña do CT avda. da Mariña 55 (expediente 284/98), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final no CT. CT Fontán (expediente 10.608).

Actuación 1-Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 132 m, coa orixe na cela de liña do CT avda. da Mariña 55 (expediente 284/98), e final en empalmes na entrada do CT Sada e o seus contornos (expediente 310/08).

Actuación 2-Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 302 m, coa orixe no empalme sobre LMTS pocedente do CT As Filgueiras (expediente 329/04), e final en empalmes na LMTS para realizar a entrada no CS e CT Supermercado Champion (expediente 86/03).

Actuación 3-Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 131 m, coa orixe en empalmes na LMTS procedente de CS e CT Supermercado Champion (expediente 86/03), e final en empalmes sobre LMTS para realizar a entrada no CT Porto de Sada (expediente 65/99).

Actuación 4-Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 163 m, con orixe en empalmes sobre LMTS na saída do CT Porto de Sada (expediente 65/99), e final en empalmes sobre LMTS para realizar a entrada no CT Axudantía de Mariña (expediente 564/01).

Actuación 5-Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 213 m, con orixe en empalmes sobre LMTS na saída do CT Axudantía de Mariña (expediente 564/01), e final en cela de liña do CT Fontán (expediente 10.608).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña