Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1001/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 1001/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio José Caruncho Gandoy contra a empresa Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo, Abante Cluster Holding, S.L. (antes Abante Business Process Outsourcing, S.L.), Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre impugnación de alta médica presentada por Emilio José Caruncho Gandoy fronte ao INSS, TXSS, Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo e Abante Cluster Holding, S.L. e, en consecuencia, revógase a alta médica impugnada, acordando repor a parte demandante na situación de IT anterior á alta revogada ata que concorra causa legal para pór fin a esa situación, e condenando as demandadas a se ater á presente resolución.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Abante Cluster Holding, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial