Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (81/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 81/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Rivas Collazo contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., Francisco Javier Lema Figueroa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Francisco Javier Rivas Collazo contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 12.064,51 euros que se incrementará cos xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET para os conceptos salariais, e co xuro legal que se computará desde a interposición da papeleta de conciliación en canto á cantidade reclamada como indemnización por despedimento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Carpinox Coruña, S.L.L., Francisco Javier Lema Figueroa, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial