Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de marzo de 2014 pola que se notifica a resolución de liquidación provisional subsidiaria, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 10 de marzo de 2014, resolución pola que se acorda a liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria a costa de Aquilino González Iglesias das obras de demolición derivada do expediente número 107B 2006/027-0 no lugar de Estibada, Listanco, termo municipal de Maside, provincia de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística