Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de marzo de 2014 pola que se notifica a resolución de redución da contía da multa-sanción imposta no expediente 107C 2004/010-0 e apertura dun novo período voluntario de pagamento, devolta polo servizo de Correos por ser incorrecto o enderezo.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 12 de decembro de 2013, ditou resolución reducindo a contía da multa-sanción imposta no expediente 107C 2004/010-0 a Residencial O Camiño, S.L.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á entidade interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística