Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de marzo de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente IU2/121/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Teresa Goce Blach, no expediente núm. IU2/121/2012-R1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 4 de decembro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de ampliación nunha edificación existente sita na rúa A Bouza Vella, número 23, parroquia de Panxón, termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

O expediente mencionado encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística