Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16559

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (141/2011).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, polo presente anuncio:

«No presente procedemento seguido por instancia de Mª do Socorro Gomes Ferreira, a cal goza do beneficio de xustiza gratuíta, fronte a Antonio di Pasquale, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 101/2011.

Procedemento: modificación de medidas 141/2011.

No Porriño o vinte e nove de xuño de dous mil once, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, ditou a presente resolución no procedemento de modificación de medidas seguido neste xulgado co nº 141/2011, en que actuaron como demandante María do Socorro Gomes Ferreira, representada polo procurador Francisco Javier Varela González e asistida polo letrado Carlos Martínez Nogueira, e como demandado Antonio di Pasquale, en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Francisco Javier Varela González, en nome e representación de María do Socorro Gomes Ferreira contra Antonio di Pasquale, con intervención do Ministerio Fiscal, acordo privar o demandado da patria potestade sobre os seus fillos Mara e Álvaro Antonio, con todas as consecuencias legais inherentes á devandita declaración, quedando sen efecto o réxime de visitas establecido ao seu favor na sentenza de divorcio de data do seis de setembro de dous mil sete, por este mesmo xulgado, nos autos de divorcio contencioso número 104/2007; e todo iso sen facer especial pronunciamento respecto ás custas do procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se impoñerá por escrito ante este xulgado en prazo do quinto día seguinte á súa notificación.

Remítase testemuño desta sentenza, unha vez firme, ao rexistro civil en que estean inscritos os nacementos de Mara e Álvaro Antonio, co obxecto de practicar a inscrición marxinal correspondente.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe.

A xuíza. A secretaria».

E encontrándose o devandito demandado, Antonio di Pasquale, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial