Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16561

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (443/2011).

Procedemento ordinario 443/2011.

Sobre reclamación de cantidade.

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Procuradora: Eva Borrella Daponte.

Avogado: Pedro Sánchez Rodilla.

Demandado: Joaquim Oswaldo Gomes Monteiro.

No procedemento de referencia ditouse a resolución de data do 13 dos correntes, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Eva Borrella Daponte, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., fronte a Joaquim Oswaldo Gomes Monteiro.

En consecuencia, debo condenar e condeno a Joaquim Oswaldo Gomes Monteiro a que aboe á entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a cantidade de dez mil catrocentos noventa e cinco euros con vinte e sete céntimos (10.495,27 euros) de principal, máis os xuros devindicados sobre o devandito importe desde o día 19 de febreiro de 2010 ata o completo e cumprido pagamento á demandante do indicado principal e calculados ao tipo de xuro de demora do 20 % anual pactado expresamente na póliza mercantil.

Impóñense as custas de conformidade co establecido no fundamento xurídico cuarto.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Joaquim Oswaldo Gomes Montero, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 18 de marzo de 2014

O/a secretario/a xudicial