Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA de 26 de marzo de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/9/2014-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de marzo de 2014, resolución pola que se ordena a José María Bugallo Gey a suspensión das obras consistentes na reconstrución dunha medianeira, reconstrución da estrutura da cuberta, reconstrución do forxado de planta primeira, nova distribución interior, novas instalacións e nova cuberta, no lugar de Paredes de Poulo, núm. 6, no termo municipal de Gomesende, provincia de Ourense.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística