Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de marzo de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/9/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 6 de marzo de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a José María Bugallo Gey polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na reconstrución dunha medianeira, reconstrución da estrutura da cuberta, reconstrución do forxado de planta primeira, nova distribución interior, novas instalacións e nova cuberta, no lugar de Paredes de Poulo, núm. 6, no termo municipal de Gomesende, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística