Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (236/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 236/2013.

Demandante: Serafín Castelao Paramos.

Graduada social: Matilde Mallo Nieves.

Demandados: Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L., Enrique Seoane Raposo, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 236/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Serafín Castelao Paramos contra a empresa Enrique Seoane Raposo, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron autos de data 19 de marzo de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto de incompetencia:

«Parte dispositiva:

Declárase a incompetencia deste xulgado para a tramitación da execución seguida fronte a Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L. por vir atribuída aos xulgados do mercantil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poderá interpor recurso de reposición por escrito ante este xulgado no prazo dos 3 días seguintes á súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Parte dispositiva do auto de nulidade de actuacións:

«Parte dispositiva:

Declárase a nulidade parcial do auto de data 4.10.2013 modificando este no sentido de deixar sen efecto o despacho de execución fronte á mercantil Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L., mantendo o resto de pronunciamentos.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes indicándolles que esta carece de recurso por aplicación do disposto no artigo 228.2 da LAC.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Enrique Seoane Raposo, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial