Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (464/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza.

A Coruña, 19 de marzo de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 464/13 seguidos por instancia de María Estrella Carro Martínez, asistida pola letrada María Torres Pose, contra as entidades Multiservicios Sarria, S.L. e Lopher-Build, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade –vacacións–.

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Estrella Carro Martínez contra Lopher-Build, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Lopher-Build, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 288,21 euros brutos, por compensación económica por vacacións, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Estrella Carro Martínez, contra a entidade Multiservicios Sarria, S.L. e, en consecuencia, debo declarar a súa libre absolución.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada-xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Multiservicios Sarria, S.L. e Lopher-Build, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial