Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407A 206/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, EDAR Ponteceso.

Situación: concello de Ponteceso.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,232 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS, CBA-806, no tramo entre o CT Eduardo Pondal, 64 (expediente 210/08) e o CT Ponteceso (expediente 24.825), en condutor RHZ1-2OL-2/20 kV 3(1×240) Al, e final no CT EDAR Ponteceso (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña