Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente o peche da planta de coxeración que Energía de Bama, S.L. posúe no concello de Touro, e se cancela a súa inscrición no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 1 de abril de 1997, a Dirección Xeral de Industria autorizou a Maderas Bama, S.L. a instalación dunha planta de coxeración na súa factoría do concello de Touro (A Coruña) e incluíuna no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo. Con data do 1 de febreiro de 1999, a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución da planta de coxeración citada. As características básicas da instalación son:

– Dous grupos motoxeradores de 760 kW, c/u de potencia eléctrica efectiva, tensión nominal de xeración 400 V, 50 Hz, que consomen gasóleo como combustible.

– Dous transformadores elevadores de 1.000 kVA de potencia nominal cada un, con relación de transformación 0,4/10-20 kV ± 2,5 ±5 ± 7 %.

– Instalacións auxiliares e de interconexión á rede da compañía eléctrica distribuidora.

Terceiro. Con data do 15 de xullo de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Economía e Comercio da Coruña autorizou a posta en marcha da instalación de referencia.

Cuarto. Con data do 11 de agosto de 1999, a Dirección Xeral de Industria autorizou o cambio de titularidade e subrogación da autorización administrativa e recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica da central de coxeración de Maderas Bama, S.L. a favor de Energía de Bama, S.L.

Quinto. Con data do 27 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Industria inscribiu definitivamente a planta de coxeración no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, con número RE-99-37.

Sexto. Con data do 15 de maio de 2013, Energía de Bama, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa para o peche e desmantelamento da instalación.

Sétimo. Con data do 23 de agosto de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Oitavo. Con data do 17 de decembro de 2013, requíreselle a Energía de Bama, S.L. documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento.
A empresa promotora presentou documentación con data do 30 de decembro de 2013.

Noveno. Con data do 26 de febreiro de 2014, Energía de Bama, S.L. solicitou a cancelación da inscrición da planta de coxeración no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 19 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Segundo. O artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente a Energía de Bama, S.L. o peche da instalación de coxeración que posúe na súa factoría do concello de Touro (A Coruña) segundo o Proxecto de desmantelamento e peche da planta de coxeración Energía de Bama, S.L. (RE-99-37) con motor de gasóleo situada en Maderas Bama (concello de Touro), redactado polo enxeñeiro industrial Noel Viñas Vázquez, colexiado nº 2.114, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 14 de maio de 2013.

Segundo. Cancelar a inscrición no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia da instalación citada, con número de rexistro autonómico RE-99-37.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A instalación terá que pecharse e desmantelarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto referido no punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.

Segunda. O tratamento dos residuos obtidos como consecuencia do peche e desmantelamento da instalación efectuarase de acordo co establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e demais lexislación de aplicación.

Terceira. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Cuarta. O prazo para o peche e desmantelamento da instalación será de doce meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Se transcorrido o dito prazo aquel non tivo lugar, producirase a caducidade desta autorización.

Quinta. Unha vez pechada e desmantelada a instalación, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras efectuadas.

Sexta. Con carácter previo á acta de peche, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Sétima. O peche e desmantelamento da planta de coxeneración implicará a extinción da servidume de paso establecida para a execución da instalación eléctrica de acordo co recollido no artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1755/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliacións e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Novena. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas