Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 1/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTS, travesía de Arteixo.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a CTS. Travesía de Arteixo, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,100 km (50 metros de gabia canalizada), coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMTS SBN-715A, no tramo entre o CT travesía de Arteixo 87 (expediente 407/07) e o CT travesía Arteixo 102 (expediente 20/06) e final no CT proxectado. Condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) AL.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña