Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2014/1-2, 8137 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS e CT, r/ Luis García Arias

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LMTS consistente en anelar na liña CHA804 o CT proxectado entre o CT Edificio Buen Jesús (27CO41) e o CT Grupo Escolar Chantada (27CE74), cunha lonxitude de 18 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT na r/ Luis García Arias 20, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas