A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 0000190/2013, interposto pola Asociación Nacional de Editores y Material de Enseñanza (ANELE), contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos