De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Francisco Serradilla Ballinas, con último enderezo coñecido na rúa 2 de Mayo, 32, 1º esquerda, 24400 Ponferrada (León), as resolucións de denegación das solicitudes de concesións derivadas do permiso de investigación La Encina fracción primeira, nº 5539.1 La Encina fracción segunda, nº 5539.2 e La Encina fracción cuarta, nº 5539.4 e a resolución pola que se desestima a solicitude de transmisión do permiso de investigación La Encina nº 5539, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.
Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ou recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte á publicación desta cédula, sen prexuízo de calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito.
Lugo, 21 de marzo de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
María Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo