Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-240/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega, a resolución de arquivamento do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada xefatura territorial, sita na avda. da Habana, 79, 2º, 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 19 de marzo de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-240/13.

NIF: B-32282733.

Denunciada: Tecnodifusión Barco, S.L.

Enderezo: rúa Abdón Blanco, 12 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Bik Bok.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, modificada pola Lei orgánica 4/1997.