De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega o acordo de iniciación recaído nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, nº 79, 2º, de Ourense.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Ourense, 19 de marzo de 2014
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-78/14.
CIF: 45145565-Z.
Denunciada: Ramona Emilia Canario Martínez.
Enderezo: rúa Perfectino Viéitez, 12, O Carballiño (Ourense).
Establecemento: Taberniña Latina, rúa Perfectino Vieitez, 12, O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Número de expediente: OU-E-82/14.
CIF: Y-0628980-J.
Denunciado: Maico Arbelt Pérez Peña.
Enderezo: avda. Julio Rodríguez Soto, 11 baixo, O Carballiño (Ourense).
Establecemento: Sin Sol. Avda. Julio Rodríguez Soto, 11 baixo, O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Número de expediente: OU-E-84/14.
CIF: B-32333551.
Denunciada: Nosguloscu, S.L
Enderezo: Pza. José Otero, 16, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Establecemento: Sueño Húmedo, Pza. José Otero, 16, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.