Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (263/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 263/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Mata Fernández contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., sobre despedimento, ditouse auto e decreto o 17.3.2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo: acumular a presente execución número 263/13 á seguida nesta oficina xudicial co número 250/2013.

Lévese testemuño do presente á execución de razón, e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

A secretaria xudicial