Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (16/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 16/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., Áncora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 13 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva é como segue:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Laura Cereijo Míguez coas entidades demandadas, condenando a estas a que aboen solidariamente á executante a cantidade de 778,79 euros en concepto de indemnización e 1.024,42 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que, en caso de non dar cumprimento a esta resolución, continuará como execución en diñeiro, polo importe total de 1.803,21 euros incrementados con 180,321 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza »

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial