Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2013/182-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CR Sanguiñeda.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-110 de 102 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 proxectado nas saídas MOS705-MOS706 e final no apoio nº 4 existente nas saídas MOS705-MOS706. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 100 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio nº 3 proxectado nas saídas MOS705-MOS706 unha vez entre e saia do CR proxectado de Sanguiñeda. Centro de reflexión, 4L en edificio prefabricado manobra interior, situado en Monte, Sanguiñeda, Mos.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 16 de xullo de 2013, no BOP do 16 de xullo de 2013, no xornal Faro de Vigo do 19 de novembro de 2013 e no taboleiro de anuncios do concello de Mos. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 14 de novembro de 2013 Luis Orge Míguez en representación de Amparo e Carmen Guerrero presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2013/182, en que indica que non procede a imposición da servidume sobre o terreno pertencente a Amparo e Carmen Vázquez Guerrero ao incurrir as condicións establecidas no artigo 161.2 del Real decreto 1955/2000:

• Que a liña poida instalarse sobre terreos de dominio público, uso ou servizo público ou patrimonial do Estado, da Comunidade Autónoma, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de predios de propiedade privada.

• Que a variación de trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 % da parte da liña afectada pola variación que segundo proxecto transcorra sobre a propiedade do solicitante dela.

• Que tecnicamente sexa posible.

Segundo. Con data do 17 de decembro de 2013, Unión Fenosa Distribución, S.A. remite contestación á alegación presentada por Luis Orge Míguez, indicando que na Comunidade Autónoma de Galicia debido ao minifundismo existente, é tecnicamente inviable trazar liñas de media tensión que vaian discorrendo polos lindeiros de todos os predios afectados, polo que as trazas das liñas se proxectan ocasionando o menor prexuízo posible. Índicase que o centro de reflexión proxéctase baixo una liña de media tensión existente que xa ten unha servidume establecida, polo que as afeccións son mínimas.

Así mesmo, con respecto ás modificacións da servidume tal como se indica no artigo 153 do Real decreto 1955/2000, o titular do predio servinte poderá solicitar o cambio de trazado, condicionado á non existencia de dificultades técnicas, correndo con todos os seus custos e acreditando en todo momento a conformidade dos novos propietarios afectados.

Consideracións previas:

Primeira. O artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, indica que non poderá impoñerse servidume de paso para liñas de alta tensión sobre cualquera xénero de propiedades particulares, sempre que se cumpran conxuntamente as condicións seguintes:

• Que a liña se poida instalar sobre terreos de dominio público, uso ou servizo público ou patrimonial do Estado, da Comunidade Autónoma, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de predios de propiedade privada.

• Que a variación de trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 % da parte da liña afectada pola variación que segundo proxecto transcorra sobre a propiedade do solicitante dela.

• Que tecnicamente sexa posible.

En todo caso, considerarase non admisible a variante cando o seu custo sexa superior nun 10 % ao orzamento da parte da liña afectada pola variante.

Conclusións:

Primeira. No escrito de alegacións presentado por Luis Orge Míguez en representación de Amparo e Carmen Guerrero non se propón trazado alternativo ao proxecto de execución, polo que non se pode valorar o indicado no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 13 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra