Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de operario de servizos múltiples incluída na oferta de emprego público do Concello para 2011.

Mediante Resolución da Alcaldía 37/2014 procedeuse a aprobar as bases e a convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de operario de servizos múltiples incluída na oferta de emprego público do Concello de Malpica de Bergantiños para o ano 2011 e vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de Malpica de Bergantiños, coas seguintes características:

Denominación praza

Grupo de cotización á Seguridade Social-categoría profesional

1

Operario servizos múltiples

10 peón

As citadas bases que rexerán a selección foron publicadas no BOP da Coruña nº 27, do 10 de febreiro de 2014, con corrección material de erros mediante Resolución da Alcaldía  64/2014, publicada no BOP da Coruña nº 41, do 28 de febreiro.

Segundo a base 4ª, o prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Segundo a base 7ª, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria (excepto o preceptivo no BOE mencionado anteriormente), cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Malpica de Bergantiños, 5 de marzo de 2014

Miguel A. Fernández Mirás
Alcalde en funcións