Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15590

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública (expediente 3/2009).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 3/2009 que se tramita por instancia de Fernando Cueto Fernández, en representación de Generadores Europeos, S.A.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de instalación de montaxes de grupos electróxenos, que se instalarán na parcela D-13/D-14 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente está á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere conveniente.

Bergondo, 18 de marzo de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa