Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 24 de marzo de 2014, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia nos expedientes 27.043/2014 e 27.044/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con dirección na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 24 de marzo de 2014

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27.043/2014 e 27.044/2014.

Interesada: Maricela Muñoz Farre (Servipres Elma, S.L.).

NIF: 40874514H.

Acto notificado: acordo de iniciación do 17 de febreiro de 2014.