Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 27 de marzo de 2014, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se relaciona dilixencia de embargo pendente de notificar e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Proquiora, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase dilixencia de embargo pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázase a interesada, ou os seus representantes, que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Zona de Recadación de Vigo da Consellería de Facenda, en aplicación do disposto polo artigo 75 do Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o órgano de recadación sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Areal, nº 62, local 3, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 27 de marzo de 2014

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Interesada

Data

Concepto

NIF/CIF

Nome

B36891059

Proquiora, S.L.

20.3.2014

Embargo de inmobles