Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícase a Víctor Manuel Vaz Vieira, o requirimento de pagamento de multa de expediente sancionador en período voluntario, do 24 de febreiro de 2014.
Comunícase que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguientes prazos:
a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
As débedas non satisfeitas nos períodos citados nas alíneas anteriores exixiranse en vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 21 de marzo de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra