Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2014/5-2, 8142 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Outeiro de Rei.

Domicilio social: praza do Concello, 1, 27150 Outeiro de Rei, Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT en Maceda e Ferreira.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV con orixe nun apoio proxectado tipo C-2000/14 instalado na LMT a Nete, derivación a CT Edrao e final no CT Maceda (proxectado), cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– CT Maceda prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– RBTA (circuíto 1) con orixe no CT proxectado Maceda en condutor tipo RZ-150 e RZ-240, cunha lonxitude de 205 metros tensados sobre apoios de formigón.

– RBTA (circuíto 2) con orixe no CT proxectado Maceda en condutor tipo RZ-95 e RV-240, cunha lonxitude de 1.380 metros tensados sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas