Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2013/160).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Mourela 132 kV. Cambio T-I e acoplamento 20 kV.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Ampliación do parque 132 kV da subestación Mourela, consistente en:

– Instalación dun novo transformador T-I sobre bancada existente, de características:

– Relación de transformación: 132/20 kV.

– Potencia: 30 MVA.

– Refrixeración: ONAN.

– Grupo de conexión: YNyn0d11.

– Conexións para as derivacións de barras e as conexións entre aparellaxe, en condutor tipo Condor LA-455.

Modificación do parque 20 kV da subestación Mourela, consistente en:

– Instalación dunha nova posición de acoplamento lonxitudinal composta por unha posición de manobra (integrada por un seccionador tripolar rotativo de 1.250 A e un interruptor tripolar de 1.250 A) e unha de remonte (integrada por un seccionador tripolar rotativo de 1.250 A), interconectadas mediante condutor illado tipo RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 3 (1 × 630 mm2 Cu) + H16, quedando cunha configuración de simple barra partida (8BA1 e 8BA2).

– Instalación dunha nova medida de barras, proxectándose a instalación de tres (3) novos transformadores de tensión para medida de barras (semibarra 8BA2).

– Conexións para as derivacións de barras e as conexións entre aparellaxe, en condutor Cu de 500 mm2 de sección.

– Conexión entre bornes de secundario do transformador e o interruptor, en condutor Cu Ø60/54 mm.

Readaptación das proteccións propias do transformador, diferencial de trafo e de sobre intensidade de fases en alta e baixa tensión e de neutro.

Conexión da cuba do electrodo soterrado do novo transformador mediante condutor Cu de 9 mm2 de sección á rede de terras existente da subestación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña