Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2013/5-2, 8088 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Domicilio social: lugar de Morzós, 10, baixo, As Encrobas, Cerceda.

Denominación: CT de abonado de 100 kVA, 20.000/400-230 V e LMTS a 20 kV, sitos en PI de Chantada, s/n.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

LMTS con orixe nunha cela de liña do CT existente propiedade de Fenosa situado no PI Os Acivros e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 525 metros de condutor tipo RHZ1-95.

CT en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de seccionamento, unha de protección e unha de medida cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e en relación coa aplicación desas normas no presente caso, cómpre ter en conta a disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Por razón do que antecede e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 6 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas