Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14765

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2014 pola que se dispón a publicación da addenda ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 27 de decembro de 2013, o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia asinaron a addenda ao convenio de colaboración para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no texto da addenda,

DISPOÑO:

A súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Addenda ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía
e Competitividade e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia

Dunha parte, Luis de Guindos Jurado, ministro de Economía e Competitividade, nomeado polo Real decreto 1826/2011, do 21 de decembro (BOE do 22 de decembro), que actúa en virtude do artigo 13.3 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, e da disposición adicional decimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Doutra, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 24 e 26 da Lei 1/1983, do 2 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, para cuxo cargo foi nomeado polo Real decreto 1617/2012, do 29 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Ambas as partes actúan na respectiva representación que posúen e recoñécense reciprocamente a capacidade legal necesaria para o outorgamento do presente documento,

EXPOÑEN:

Primeiro. Que, con data do 27 de decembro de 2012, o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para colaborar nas actuacións de fomento da innovación na Comunidade Autónoma de Galicia a través do desenvolvemento da Estratexia española de innovación.

Segundo. Que o convenio arriba mencionado se subscribiu co fin de regular a concesión dun préstamo nos orzamentos xerais do Estado. O Ministerio comprometeuse a realizar a súa achega á Xunta de Galicia pola cantidade de 35 M€, en forma de crédito reembolsable, desembolsados segundo o calendario recollido na cláusula sétima do convenio (4 M€ en 2012, 15 M€ en 2013 y 16 M€ en 2014).

Terceiro. Que, dado que o primeiro libramento aínda non se realizou, se produciu un atraso na execución das actuacións. A Xunta de Galicia propón un novo calendario de actuacións que implica un axuste de libramentos. A Comisión de Seguimento do convenio, na reunión que tivo lugar o 2 de abril de 2013, aproba o axuste de libramentos e de calendario tras analizar a documentación presentada pola Xunta de Galicia, na cal detallan tanto os instrumentos a través dos que realizarán as actividades previstas no convenio como os orzamentos e o calendario de actuacións estimados.

Polo exposto, ambas as partes acordan subscribir a presente addenda ao convenio de colaboración para o fomento da innovación na Comunidade Autónoma galega, asinado o 27 de decembro de 2012, consonte as seguintes cláusulas:

Primeira. A cláusula quinta queda redactada como a seguir se expresa:

«Quinta. Financiamento

O Mineco financiará as actividades suxeitas a este convenio cun préstamo de trinta e cinco millóns de euros que serán desembolsados de acordo co seguinte calendario:

Millóns de €

Ano 2013

5,00

Ano 2014

12,50

Ano 2015

17,50

Total

35,00

O préstamo terá un tipo de xuro do 3,95 %, un período máximo de carencia de 5 anos desde o ano seguinte ao da concesión do préstamo e un período máximo de reembolso de 10 anos adicionais, e, polo tanto, o período total de amortización máximo é de 15 anos, podendo a Comunidade Autónoma de Galicia amortizar total ou parcialmente en calquera momento anterior ao calendario previsto na cláusula sétima. En consecuencia, en cumprimento da disposición adicional décimo segunda da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, non é necesaria a autorización prevista na disposición adicional décimo primeira da dita lei».

Segunda. O último parágrafo da cláusula sexta queda redactado como a continuación se expresa:

«O primeiro libramento do importe do préstamo realizarase no momento da sinatura da addenda.

Os libramentos seguintes efectuaranse dentro do mes seguinte á recepción do informe favorable emitido pola Comisión de Seguimento, segundo o previsto na cláusula cuarta, mediante transferencia bancaria á conta da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no Banco de España 9000 0022 10 0350000022».

Terceira. O parágrafo segundo da cláusula sétima queda redactado como a continuación se expresa:

«O pagamento da devolución do préstamo e dos seus xuros realizarase segundo o cadro de amortización que se xunta como anexo II e a data de pagamento das anualidades correspondentes a cada un dos libramentos será a coincidente, ou seguinte día hábil, coa data de desembolso por parte do Ministerio do libramento en cuestión. Ou dito doutro xeito, as anualidades correspondentes á devolución do primeiro desembolso pagaranse na data dos anos 2019 e seguintes coincidentes coa da sinatura do convenio, mentres que as anualidades correspondentes á devolución dos desembolsos segundo e terceiro se pagarán na data dos anos 2020 e seguintes, no primeiro caso, e 2021 e seguintes no segundo, coincidentes coa dos libramentos efectuados nos anos 2014 e 2015, respectivamente. Todo iso agás que a Comunidade Autónoma de Galicia amortice anticipadamente, de acordo co previsto na cláusula quinta».

Cuarta. Anexos

Modifícase o anexo II do citado convenio de colaboración, que queda substituído integramente polo anexo II incorporado ao presente texto.

Incorpórase como anexo á addenda a acta da reunión da Comisión de Seguimento do 2 de abril de 2013, na acta determínanse os instrumentos que se utilizarán para realizar as actividades do convenio sen suprimir ningunha das definidas inicialmente, nin incorporar ningunha nova.

Quinta. Entrada en vigor

A presente addenda entrará en vigor non momento da súa sinatura por ambas as partes.

Esta addenda será publicada no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade, ambas as partes asinan en duplicado exemplar e para un único efecto, en Madrid o 27 de decembro de 2013.

Luis de Guindos Jurado

Alberto Núñez Feijóo

Ministro de Economía e Competitividade

Presidente da Xunta de Galicia

missing image file