Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Piñor (expediente IN407A 2013/68-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Ganadería Chousa Vella, S.C.

Domicilio social: Piñor de Cea, 32137 Piñor.

Denominación: LMT e CT para granxa en Chousa Vella (O Castro-San Salvador).

Situación: Piñor de Cea e Dozón.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, de 1161 m de lonxitude, con condutor LA-56, con orixe no apoio existente situado no lugar da Corna-Santa María do Desterro (Piñor de Cea) da LMT de Unión Fenosa Distribución ALB802 Boborás e remate no CT aéreo proxectado de 50 kVA e R/T 20.000 /400-230 V situado en Chousa Vella-O Castro (concello de Dozón).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 11 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial