Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 12 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Roberto Rodríguez Cea a solicitude de incautación da garantía financeira para o cumprimento do plan de restauración ambiental da explotación de recursos da sección A) Marina número 241.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Roberto Rodríguez Cea, con NIF 76981622R, a solicitude de incautación de garantía financeira para o cumprimento do plan de restauración ambiental da autorización de explotación de recursos da sección A) Marina nº 241.

Comunícase o anterior, concedéndolle un prazo de 10 días, contado desde o seguinte ao da publicación de este edicto, para que poida presentar as alegacións así como os documentos e xustificacións que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 12 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra