Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2014 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013 ditou, o 19 de febreiro de 2014, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba de oficio no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar declarada en situación de fóra de ordenación, no lugar de Vilapedre, parroquia de Santalla de Devesa, no termo municipal de Friol.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a José Antonio Mourelle Cillero, en calidade de copropietario do terreo onde se levan a cabo as ditas obras, e a Emilio Pirón García, en calidade de copropietario do terreo e promotor das ditas obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística