Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de combustible para os vehículos adscritos a esta axencia (clave SC/13/106.08. (S/008/2013).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: SC/13/106.08. (S/008/2013).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=19582

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contrato de subministración de combustible para os vehículos adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas. Clave: SC/13/106.08. (S/008/2013).

c) CPV: 09132000-3 gasolina/09134100-8 gasóleo.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (21 de setembro de 2013), BOE (25 de setembro de 2013) e DOG (30 de setembro de 2013).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.041.322,32 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 520.661,16 €. Importe total: 630.000 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de decembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 7 de marzo de 2014.

c) Adxudicataria: Solred, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 520.661,16 €. Importe total: 630.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente a máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas