1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 49/2014.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novos sistemas de información nos ámbitos de Benestar, Medio Rural, Mar, Emprego e Mobilidade da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: si, 6.
c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contado a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.630.000,00 €, máis 342.300,00 € que corresponden ao IVE (21 %), que supón un total de 1.972.300,00 € (un millón novecentos setenta y dous mil trescentos euros), que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:
Lote 1: Sistema de información da Historia Social Única.
• 2014: 290.000,00 € + IVE (60.900,00 €) = 350.900,00 €.
• 2015: 290.000,00 € + IVE (60.900,00 €) = 350.900,00 €.
Total: 580.000,00 € + IVE (121.800,00 €) = 701.800,00 €.
Lote 2: Sistema de xestión integral de incendios forestais de Galicia.
• 2014: 200.000,00 € + IVE (42.000,00 €) = 242.000,00 €.
• 2015: 215.000,00 € + IVE (45.150,00 €) = 260.150,00 €.
Total: 415.000,00 € + IVE (87.150,00 €) = 502.150,00 €.
Lote 3: Sistema de información do Plan de Ordenación Forestal e instrumentos vinculados.
• 2014: 125.000,00 € + IVE (26.250,00 €) = 151.250,00 €.
• 2015: 125.000,00 € + IVE (26.250,00 €) = 151.250,00 €.
Total: 250.000,00 € + IVE (52.500,00 €) = 302.500,00 €.
Lote 4: Sistema integral de xestión da formación pesqueira e do mar.
• 2014: 80.000,00 € + IVE (16.800,00 €) = 96.800,00 €.
• 2015: 85.000,00 € + IVE (17.850,00 €) = 102.850,00 €.
Total: 165.000,00 € + IVE (34.650,00 €) = 199.650,00 €.
Lote 5: Sistema de información de xestión do CNTG.
• 2014: 50.000,00 € + IVE (10.500,00 €) = 60.500,00 €.
• 2015: 50.000,00 € + IVE (10.500,00 €) = 60.500,00 €.
Total: 100.000,00 € + IVE (21.000,00 €) = 121.000,00 €.
Lote 6: Rexistro público de licenzas e autorizacións interurbanas de taxi.
• 2014: 60.000,00 € + IVE (12.600,00 €) = 72.600,00 €.
• 2015: 60.000,00 € + IVE (12.600,00 €) = 72.600,00 €.
Total: 120.000,00 € + IVE (25.200,00 €) = 145.200,00 €.
Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20286
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 23.4.2014.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro da Amtega.
2. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 21.1.2014.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 25.3.2014.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia