Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 234/2013 e acumuladas deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires, Jesús Plácido Suárez Villaverde, Victoria Martínez Lago, José Manuel Vaamonde Villasenín contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. sobre ordinario, ditáronse decretos con data 4.12.2013 e 7.2.2014, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do Decreto do 4.12.2013:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial.

– En relación co resto de bens, vehículos e terreos, acordarase en resolución posterior, visto o resultado dos embargos das contas bancarias e devolucións tributarias.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta nº 5076 0000 64 0234 13. Deberase indicar no campo concepto de pagamento.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banesto, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Parte dispositiva do Decreto do 7.2.2014:

«Parte dispositiva:

Acordo:

1º. Acórdase o embargo das devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

2º. Acórdase o embargo dos saldos das contas bancarias a favor das executadas nas entidades bancarias que resulten da consulta informática que se realice a través da conta de consignacións xudiciais deste órgano, e isto en canto sexa suficiente para cubrir a suma das cantidades reclamadas.

3º. Acórdase o embargo da renda que a entidade Tecnocom Telecomunicaciones y Energía, S.A. lle aboaba mensualmente á entidade executada APV Motor, S.A. en concepto de arrendamento de local para uso distinto de vivenda, e expídase o oportuno oficio á devandita entidade co fin de que reteña e poña á disposición deste xulgado mediante ingreso na conta expediente 5076/0000/64/0234/13 a cantidade que deba aboar mensualmente á executada polo concepto indicado e isto ata un máximo de 137.411,79 euros en concepto de principal e 13.741,18 euros en concepto provisional de xuros e custas.

4º. Expídase oficio á AEAT co fin de que remita a este xulgado modelo 347 presentado polas entidades APV Motor, S.A., Millarent, S.L., e San Rent, S.L. correspondentes aos anos 2011 e 2012, co obxecto de coñecer posibles entidades ou persoas físicas que teñan débeda pendente con algunha das executadas mencionadas.

5º. Revisado o estado da conta de depósitos e consignacións deste xulgado e figurando un ingreso procedente do embargo de contas bancarias por importe de 84,65 euros efectuado con data do 11 de decembro de 2013, acórdase expedir e entregar mandamento de devolución a favor dos executantes e polos seguintes importes á conta do principal:

– A favor de Jesús Plácido Suárez Villaverde: 5,89 euros.

– A favor de Sergio José Barreiro Pires: 27,50 euros.

– A favor de José Manuel Vaamonde Villasenín: 32,72 euros.

– A favor de Victoria Martínez Lago: 18,54 euros.

Requíranse os executantes co fin de que no prazo de dous días designen código de conta cliente completo en que, se é o caso, acordar a transferencia directa daquelas cantidades cuxa entrega se poida acordar ao seu favor no presente procedemento.

6º. Respecto á solicitude de acumulación das execucións nº 333/2013 seguida ante o Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela e as nº 372/2013 e 370/2013 seguidas ante o Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, formulada polo letrado Manuel López Núñez, en virtude do disposto no artigo 39.2 LRXS, acórdase conferir traslado ás demais partes co fin de que no prazo de 3 días aleguen o que ao seu dereito conveña respecto á acumulación solicitada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076/0000/64/0234/12 aberta en Banesto, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial