Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (570/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 570/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Castelo Fernández contra a empresa Transportes Los Ochando, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión se achega:

«Decisión:

Estimo a demanda formulada por José Manuel Castelo Fernández fronte á empresa Transporte Los Ochando, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 5.909 euros, dos cales 3.582,56 euros corresponden á indemnización por despedimento e a de 2.326,44 euros a salario do mes de marzo de 2009 e liquidación final, devindicando esta última cantidade o xuro previsto no artigo 29.3 Estatuto dos traballadores, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Los Ochando, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial